O Concello de Lousame celebra este domingo a XXI Festa do Galego

13 Maio 2023

O Concello de Lousame organiza este domingo 14 de maio dúas actividades encadradas na programación da XXI Festa do Galego e que terán lugar na praza Teodomiro Hidalgo de Portobravo. A partir das 12:00 horas, poderase desfrutar dun Concerto das Letras Galegas ofrecido pola Banda de Música de Lousame.

A segunda actividade terá de protagonista a Diego Antonio Zernadas de Castro, o “cura de Fruíme” para quen o Concello de Lousame vén anos reclamando que se lle dedique un Día das Letras Galegas. Por iso, a partir do mediodía ofrecerase unha exposición itinerante sobre a súa vida e obra. A mostra leva por título Diego Antonio Zernadas de Castro. O primeiro precursor do galeguismo e poderase ver o domingo na praza do Concello de Lousame. Despois trasladarase á sala de exposicións da Casa de Cultura.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.