Desde a Concellería de Educación, Deportes e Emprego de Dodro compartiron estes días a axenda de actividades e eventos deportivos previstos para este mes de xuño que está a piques de comezar, un completo e variado programa de propostas que pon o foco no deporte e nos hábitos de lecer saudábeis pero tamén na reivindicación da cultura e a paisaxe locais.
A axenda inclúe a celebración da XVII edición do Día da Bici (o 3 de xuño), a ruta de sendeirismo Goza do Ulla (o día 10 de xuño), a terceira convocatoria da Andaina Nocturna de Dodro (o día 16), un Campionato de Minitenis (o día 17 de xuño), unha xornada de exhibición das Escolas Deportivas Municipais (o día 21) e o Campamento de Deportes Alternativos (entre o día 22 e o 30 de xuño).
Para máis información e inscrición acudir ó Departamento de deportes sito no Pavillón Polideportivo Municipal. Ou contactar a través do teléfono 981.80.25.32 ou do correo electrónico deportes@dodro.gal




