O Concello de Boiro executa obras para dotar de beirarrúas o lugar de Ponte Goiáns

03 Maio 2023

O Concello de Boiro informou da execución de obras para reparar e dotar de beirarrúas un treito da AC-305 ao seu paso polo lugar de Ponte Goiáns. As actuacións están financiadas pola Deputación da Coruña mediante o Plan Único Concellos (POS+2022).

Segundo informan fontes do Consistorio, as obras que se están a levar a cabo contemplan dúas actuacións a realizar en ambas beiras da estrada. Por unha banda vaise dar continuidade á beirarrúa existente no lado sur da vía, un tramo de 172 metros no lugar de Ponte Goiáns. Pola outra, con estas actuacións contemplase tamén a restauración dun treito de beirarrúa que da servizo peonil na AC-305 ao seu paso polo municipio de Boiro. En concreto, vaise mellorar un tramo de 1,06 km que transcorre no lugar de Ponte Goiáns e “que se atopa en estado de deterioro”, explicou o Concello.

Para as novas beirarrúas adoptarase unha solución de pavimento de formigón continuo semi-rugoso que conta “cunha maior durabilidade” e que “vai solucionar os actuais problemas de circulación dos viandantes”, engadiron fontes do Goberno local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...