O Centro Lustres Rivas (Ribeira) acolle máis dunha trintena de obras de José Luis Blanco Fernández

08 Maio 2023

A sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas, ao abeiro d programación do Maio Cultural, inaugurou unha nova mostra que leva por título Óleos e Acuarelas de José Luís Blanco Fernández, un ribeirán de adopción que durante moito tempo rexentou o establecemento Calzados Luis. A apertura celebrouse na noite do pasado venres 5 de maio nun acto moi concorrido que contou en representación municipal co tenente de alcalde Emilio Pérez e o concelleiro Javier Sampedro.

Emilio Pérez recordou que “a formación de José Luís Blanco foi autodidacta, pois dende os 16 anos tivo sempre interese polo mundo da arte e a pintura, e na década dos 60 nunha estadía en París comezou a ter contacto coas correntes artísticas do momento e que se poden apreciar nestas máis de 30 obras que hoxe nos trouxo aquí, marcadas polo impresionismo, o fauvismo e o expresionismo”.

Esta exposición, dixo, xorde como homenaxe e agradecemento a súa querida Ribeira. Trátase dunha mostra inédita que recolle unha selección de óleos e acuarelas dos anos máis recentes do autor, inspirada en espazos, personaxes e escenas do Barbanza con paisaxes, mariñas e xentes do mar como temas recorrentes.

A mostra poderá ser visitada ata o 27 de maio en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.