O BNG esixe que o Goberno local de Ribeira desbloquee o pagamento de subvencións

09 Maio 2023

Após a denuncia feita pública por parte das asociacións de pais e nais de Ribeira sobre o impago do Concello de Ribeira das subvencións ás que teñen dereito, o BNG esíxelle ao goberno local que desbloquee o pagamento desas subvencións pero tamén as correspondentes a outras entidades sociais, deportivas e culturais.

Desde a organización nacionalista móstranse moi críticos coa “ineficiente xestión” e acusan ao equipo do Partido Popular de “secuestrar” o Concello de Ribeira con fins partidistas e electoralistas. Neste sentido, o portavoz Luís Pérez, asegura que “o Partido Popular está sobrepasando todos os límites” ao bloquear pagamentos que deberían terse abonado hai moito tempo. 

Pérez Barral pídenlle ao goberno local que deixe de mentir dicindo que a falta de orzamentos é a causa de non ter aboado as subvencións e se poña a traballar para dar unha solución inmediata. “As asociacións de pais e nais levan sen cobrar as subvencións de  2018, 2019 e 2021 e o Concello aprobou orzamentos en 2019, 2020 e 2021. Por favor deixen de dar desculpas de mal pagador, nunca mellor dito”.

“Quero mostrar o noso apoio á petición das ANPAS e brindo o apoio do BNG para desbloquear esta situación inxusta” concluíu Barral

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.