O vindeiro 11 de xuño celebrarase en Noia a segunda edición do Trofeo Portus Apostoli, que este ano será o Campionato de Galicia de Ciclismo na categoría Master, organizado por Noela Master Team.
Segundo informaron dende Noela e do Concello na presentación do trofeo, daranse cita no evento máis de 300 corredores entre “os cales atoparemos os vindeiros campións Master de Galicia 2023”, explicaron.
A hora de saída será ás 10.30 horas. A inscrición pode facerse na web da Federación.
Categorías: Master 60, Master 50, Master 40, Master 30.