Novo número da nosa edición impresa de Código Cero

10 Maio 2023

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero. reevista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia,  na súa edición impresa, o 238, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución de todo o país, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.


Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración do Día das Letras Galegas na Internet, ao Día das Rapazas nas TIC e á alianza entre o CESGA e Fujitsu no eido da computación cuántica:
– O CITIC contribúe a mellorar a investigación médica con IA
– O centro vigués atlanTTic pon a tecnoloxía ao servizo da comunidade xorda
– A Deputación da Coruña facilitará a Administración Electrónica dende os concellos
– Inaugurado o Coworking Dixital CCompostela da Cámara de Santiago
– GAIN lanza un convite á industria española para tirar proveito do Polo Aeroespacial de Galicia
– Movistar lidera novamente o ranking de operadoras de ADECES e UCGAL
– O Galiverso somerxido descúbrenos o patrimonio submarino galego con Realidade Virtual
– A Xunta centralizará a contratación de servizos Cloud para a Administración
– A Rede CeMIT pon ao alcance da cidadanía as tecnoloxías máis disruptivas
– A Consellería do Mar dá un novo impulso estatal á promoción dos nosos produtos pesqueiros
– O CPEIG comeza a convocar os premios da súa Noite da Enxeñaría en Informática
– Fernando Suárez (CPEIG) móstranos os riscos de demonizar a Intelixencia Artificial
– O Portal Proxector móstranos as vantaxes e os riscos do espallamento da IA
– A Intelixencia Artificial centrou un novo foro do Consello da Cultura Galega
– A UVigo pon de manifesto a importancia de incrementar a presenza da muller no eido gaming
– Política Lingüística impulsa o Proxecto Nós para asentar o galego na Intelixencia Artificial

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...