Nova edición do curso de primeiros auxilios en Porto do Son

26 Maio 2023

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (órgano dependente da Consellería de Sanidade) organiza unha nova edición do Curso de Primeiros Auxilios, gratuíto e de catro horas de duración.

Será impartido por Carlos Prados Sande, diplomado universitario en enfermería asistencial do 061 Galicia. A cita será o vindeiro 5 de xuño, na Aula de formación do Viveiro de Empresas do Concello de Porto do Son. As inscricións poden facerse entre o 24 e o 31 de maio, a través da seguinte conta de correo electrónico: maria.santos.lemina@portodoson.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.