Municipais 2023: Un novo espazo deportivo tras a desaparición do Campo de Trumiáns, entre as grandes propostas do Pp para Artes

26 Maio 2023

No penúltimo día de campaña o Partido Popular de Ribeira estivo cos veciños de Artes no Centro Recreativo para expoñer o seu programa e, sobre todo, as propostas destinadas a mellorar a vida da parroquia. O acto contou coas intervencións do alcaldable Manuel Ruiz, a número 2 María Sampedro e Víctor Reiriz, número 6 da lista electoral e candidato por Artes, quen foi quen abriu o evento.

Unha das principais propostas destinadas a mellorar Artes é crear un gran espazo deportivo que, xunto ao polideportivo, sirva a esta parroquia logo da desaparición do histórico campo de Trumiáns ao integrarse este terreo no parque natural. Para conseguir este obxectivo o Concello xa conta cunha parcela e a súa intención e adquirir outras fincas lindeiras.
Precisamente a dotación dunha nova envolvente no polideportivo de Artes é outra das medidas contempladas para afianzar a súa eficiencia enerxéticas.

Outras propostas consisten na canalización de augas desde Outeiro ao Río Muíños, a apertura dunha pista ata Teixoeira, unha nova ponte no río Sanchanás, o ancheado de pista e pavimentación na zona de Viña Nova ao Museo do Grabado, dotación de abastecemento de auga en Arribas e alcantarillado en Arribas e Sego, unha zona de recreo en Goda, o anchegado de pista de Viñanova a Xarás, a mellora da sinalización e a reparación de beirarrúas na estrada provincial.

Ademais, están xa aprobadas e con consignación orzamentaria outras actuacións como a creación dun novo parque infantil fronte ao Centro Recreativo, a pavimentación no entorno da Igrexa Parroquial de San Xián ou a rexeneración ambiental e plantación de árbores no entorno do río de Artes e monte de San Alberte, esta última grazas a unha subvención con fondos europeos.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...