Municipais 2023: O PBBI propón crear unha pista de patinaxe no pavillón de Sirves

26 Maio 2023

O portavoz do PBBI , informou que tras manter conversacións con membros dos clubs de patinaxe
deste concello, algúns con proxección nacional. Mariño de Bricio puido constatar que se sente avergoñado de que non se dispoña dunha pista de patinaxe adecuada, cun parqué en condicións, para poder desempeñar ademais dos seus labores de adestramento, a celebración de calquera tipo de evento xa sexa de ámbito provincial, autonómico ou nacional.
Mariño de Bricio comprometeuse publicamente a colocar parque en todo o pavillón de Sirves para gozar e practicar mellor a patinaxe e con maior seguridade.
Mariño de Bricio aproveitou estes días para , reivindicar a elaboración dunha tarxeta especial, para que todas aquelas familias con ingresos baixos, poidan usar o transporte público de maneira gratuíta.
O portavoz do PBBI, tamén indicou que vai negociar con Portos para recuperar os dous carrís para cada un dos sentidos de circulación do Malecón. Mariño resaltou que pode ocorrer unha urxencia e non existir paso para ambulancia ou bombeiros.

Mariño, aproveitou para propoñer a creación de dársenas para cada autobús, sinalizando o seu destino e procedencia correspondente, e na medida do posible, carteis de información con horarios, destinos e tempo estimado de espera. Ao mesmo tempo comprometeuse a buscar espazos nas vías de circulación para que o autobús non corte a circulación viaria nas paradas.
Mariño de Bricio, fixo mención en retomar a iniciativa de bonificar a todo aquel comprador no comercio local, ou local de hostalería con tempo de aparcamento gratuíto nos aparcadoiro do concello.

O portavoz do PBBI ante algunha pregunta sobre o envellecemento poboacional resaltou que como
medida importante no seu futuro goberno municipal, propón como medida de fomento da natalidade, bonificacións económicas directas ás familias con rendas familiares brutas, que sexan inferiores ao 3,5 do Iprem.

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal rende homenaxe a Manuel Hermo Vidal

A homenaxe a Manuel Hermo Vidal tivo lugar o 16 de abril no salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal. Este acto institucional foi organizado para recoñecer a figura de Hermo Vidal, quen defendeu os valores democráticos nun momento crítico da historia. A...

+

A Copa Galega de Fútbol Gaélico xógase en Ribeira o 26 de abril

Este 16 de abril celebrouse en Ribeira a presentación da Copa Galega de Fútbol Gaélico que se vai a celebrar o vindeiro sábado 26 de abril no Complexo Deportivo da Fieiteira; á presentación acudiron, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal, o segundo tenente de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...