Municipais 2023: José Ramón Romero recibe o apoio de Besteiro para as eleccións deste domingo

25 Maio 2023

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, visitou este mércores 24 de maio a vila Boiro para arroupar ao alcalde e candidato á alcaldía, José Ramón Romero, Martiño. Durante a estadía Besteiro e Martiño tiveron oportunidade de debullar as principais liñas do programa electoral, así como dos fondos Next Generation do Estado.

O actual rexedor e o secretario xeral, Luis Ruiz, presentaron ante José Ramón Gomez Besteiro e a militancia e simpatizantes as principais liñas do programa electoral co que os socialistas concorren ás eleccións do vindeiro domingo. “Trátase dun programa ambicioso e realista, que xorde das necesidades da veciñanza e do propio municipio para seguir medrando”, afirmou Martiño.

Os socialistas trasladáronlle a Besteiro a necesidade de dotar a Boiro e á comarca de novo terreo industrial. “Temos un problema e temos que poñerlle solución, non pode ser que en toda a comarca non quede un metro cadrado de chan industrial. As nosas empresas non teñen oportunidade de crecemento e iso vai acabar por afectar directamente á nosa economía”, afirmou o candidato á reelección, engadindo que o reto de xerar emprego é un dos principais piares do programa para os vindeiros catro anos. “Como tamén o é a consecución de novos fondos procedentes doutras administracións, como é o caso dos fondos Next Generation do Goberno de España”, explicou.

Os socialistas trasladáronlle ao delegado do goberno, nunha visita á Cachada, o agradecemento por poñer a disposición eses fondos que “a Concellos como Boiro nos dan un gran impulso xa que cos nosos fondos non poderíamos levar a actuacións como a modernización do mercado municipal ou a rehabilitación e ampliación da Casa da Cultura”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.