Municipais 2023: Boiro manterá os mesmos centros de votación que nos últimos comicios e dotará as mesas con pictogramas de Amicos

26 Maio 2023

O Concello de Boiro informou de que nas eleccións municipais deste domingo 28 vai manter os mesmos centros de votación que nos últimos comicios, “co obxectivo de centralizar as mesas”. A maiores, todas as mesas será inclusivas con pictogramas para persoas con TEA.

Deste xeito, as mesas electorais de Boiro que historicamente se dividían entre a Casa da Cultura e o Centro Social de Boiro, centralízanse no Pavillón Municipal da Cachada. O mesmo pasa coas mesas de Cabo de Cruz, que antes estaban na unitaria de Valiño e na Casa do Mar de Cabo de Cruz, que agora pasan todas ao Centro Social de Cabo de Cruz.

En canto ás mesas electorais de Escarabote e Magdalena, estarán todas no Centro Social de Escarabote. As de Cespón, antes divididas en Cespón e unitaria de Vilariño, estarán todas no Centro Social de Cespón. A mesa de Comoxo, antes na unitaria, agora estará no Museo Etnográfico de Comoxo. O centro de votación de Cures e Moimenta será o Centro Social de Cures e o de Bealo a unitaria de San Ramón.

“Esta centralización”, explica o Concello, “permite facilidades para a veciñanza de cada parroquia e tamén maior seguridade á hora de que os representantes da administración e membros das mesas garantan o correcto desenvolvemento da xornada electoral”.

No desenvolvemento da xornada colaborarán os efectivos da Policía Local, Garda Civil de Boiro e tamén Protección Civil de Boiro. “Esta centralización permite facilidades para a veciñanza de cada parroquia e tamén maior seguridade á hora de que os representantes da administración e membros das mesas garantan o correcto desenvolvemento da xornada electoral”, engadiron fontes do Concello.

Ademais, gracias á colaboración da Asociación Amicos, este ano todas as mesas serán inclusivas, contando con pictogramas indicativos para persoas con TEA.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.