Mércores con nubes e claros e temperaturas en descenso

09 Maio 2023

O mércores quedaremos na influencia das altas presións, con ventos de compoñente norte que traerán aire máis fresco. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos na metade norte, mesmo con algún chuvasco moi illado e ocasional, mentres que no resto da Comunidade os ceos estarán pouco nubrados, con nubes altas. As temperaturas sufrirán un descenso, entre lixeiro e moderado. O vento soprará frouxo do norte, con intervalos de moderado nas Rías Baixas.

meteogalicia

o noso mar: Vento do norte á mañá, do norte á tarde e do norte á noite, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite. Visibilidade boa.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:470.8 m
Preamar08:033.2 m
Baixamar14:041.1 m
Preamar20:283.4 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:410.9 m
Preamar07:573.2 m
Baixamar13:581.1 m
Preamar20:203.3 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:440.8 m
Preamar08:003.2 m
Baixamar14:001.1 m
Preamar20:243.3 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 8, nubes e claros e lixeira suba da temperatura

O domingo comezaremos a xornada cos ceos moi nubrados con tendencia á apertura de grandes claros co avance do día. A probabilidade de precipitación é baixa en xeral, con posibilidade dalgúns chuvascos illados na metade oeste. As temperaturas mínimas descenderán...

+

Sábado 7 con chuvascos illados e lixeira suba da temperatura

O sábado agárdase unha xornada de ceos alternando nubes e claros con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente...

+

Venres 6 con chuvascos fortes acompañados localmente de treboada

Na xornada do venres os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos que comezarán pola mañá na provincia da Coruña e que co avance do día irán chegando ao resto da Comunidade. As precipitacións serán localmente treboentas e poderán vir acompañadas de sarabia. As...

+

Xoves 5, regresan os chuvascos intermitentes

Durante o xoves teremos pola mañá os ceos abertos con nubosidade de tipo alto. Pola tarde os chuvascos serán máis xeneralizados e estenderánseá toda a comarca e as rías, por momentos serán de intensidade moderada. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

“Carta a los visitantes” – Manuel Domínguez

Carta a los visitantes, viajeros, casi residentes, propietarios, que han decido pasar el verano o las fiestas en esta nuestra Barbanza. No me parece a mí adecuado llamaros turistas, pues quien viene un año, regresa al siguiente y el embrujo, el enamoramiento de estas...