
Tivo lugar este sábado 27 de maio, no Liceo Maritimo de Ribeira, o recital do poemario Mansío, por Eva Veiga.
O acto foi presidido polo Sr. Alcalde, Dn. Manuel Ruiz, e presentado por Dna. Ma. Xesus Blanco e Dna. Isabel Santos, presidenta e vicepresidenta de Barbantia respectivamente.
Ambas destacaron a excepcionalidade, o carácter singular da obra como libro de artista, de reducida tiraxe e, a prol disto, Antonio Piñeiro aproveitou a presenza do Alcalde para lle suxerir a idea da creación dun espazo posiblemente pioneiro, en Ribeira ou a nivel da Comunidade Galega, como sería unha sala, centro ou museo dedicado ao libro de artista.
Mansío trata dun tema moi próximo ao Liceo Maritimo e a Ribeira, como e a aventura conxunta do mar, a andaina en comunidade, a vila beirega, a poxanza da unión e a beleza da diversidade.
A interpretación de Eva Veiga foi correspondida por un longo aplauso do público, sostido coa mesma emoción que a autora amosou desde o escenario.
Unha velada memorable que o presidente do Liceo Maritimo, Dn. Xosé Gude, emprazou como vieiro dunha fructífera actividade sociocultural.




