Martiño propón en Cures a renovación integral do saneamento e a rehabilitación do Centro Social

16 Maio 2023

O candidato á alcaldía de Boiro, José Ramón Romero, Martiño, comezou este luns 15 de maio os encontros coa veciñanza de todas as parroquias para presentar as propostas do equipo de cara á nova lexislatura. Os encontros veciñais comezaron en Cures, no Centro Social, onde o candidato estivo acompañado polos concelleiros do goberno Luis Ruiz e María Outeiral.

Na xuntanza, ademais de dar conta das actuacións realizadas na parroquia nos últimos anos, Martiño presentou os proxectos do seu programa electoral para Cures. Por unha banda, avanzou detalles do servizo integral de saneamento que ten previsto habilitar no caso de manter a alcaldía, xa que “as grandes obras son necesarias, pero os servizos son fundamentais e non pode ser que sigamos tendo vivendas que aínda non estean conectadas á rede”, afirmou, debullando a solución concibida: completar a rede de saneamento e dotala dunha instalación de depuración de augas residuais, “un novo modelo que vai permitir aforrar custes enerxéticos e mellorar a calidade do servizo”, dixo.

O candidato tamén presentou as melloras previstas no Centro Social de Cures . “Este centro podería dar un mellor servizo á veciñanza, acollendo máis actividades, pero para iso precisa dunha renovación integral”, recoñeceu Martiño, explicando que o que se busca é “mellorar as instalacións coa impermeabilización do centro para evitar as filtracións de auga”.

Está previsto que o actual rexedor e o seu equipo percorran todas as parroquias para manter encontros coa veciñanza dos distintos núcleos, escoitar as súas demandas e debullar as propostas do seu programa electoral. O próximo encontro está previsto para o xoves día 18 ás 20.30 horas en Moimenta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...