“Lixo electoral”. Estevo Silva

01 Maio 2023

O pasado domingo 23, varios lugares de Boiro amenceron cheos de lixo dun modo claramente intencionado. A día de hoxe pouco ou nada se sabe dos realizadores desta porcallada e da intención da súa acción. Conste que, dende o meu prisma, se este feito estivera reivindicado por alguén con algunha finalidade aínda tería un pase; unha intención prosaica ou metafórica; unha posta en escea para algo meirande, pero non. Semella que o plan non contaba con máis poesía que unha enlixada ao chou, que so conseguiu o efecto contrario ao desexado, o que non di gran cousa do cerebro dos perpetradores nin do seu plan maestro.
O que sí esta claro é que as municipais están moi cerca e comeza a verse con claridade como nos concellos da contorna a axitación vaise acrecentando.
Se son honesto con vostedes, debo recoñecer que eu gozo bastante coas leas que se montan cada vez que se achegan os comicios, mais este ano, dende comodidade da barreira, estou a ver cousas na miña vila que non me fan nin chisco de graza.
Nestes últimos meses veñen acontecendo en Boiro actos vandálicos que non vou dubidar en definir coma filofascistas, pois a meirande parte deles van contra todas as intervencións feitas no concello en base á memoria histórica, como na Fonte de Goiáns ou a propia Praza da Memoria. Tamén se atacou noutros eidos, coma por exemplo, o letreiro da rúa das Traballadoras do Mar, borrándolle o xénero feminino, o que non fai máis que acrecentar as miñas certezas sobre o sesgo político-analfabeto dos autores.
Non estou tan tolo para aventurarme a dicir aquí o que penso en realidade de quen pode estar detrás de todos estes actos (polo momento), mais que nada porque tampouco teño probas, pero sí teño claro que son accións feitas a mala fe por un fato de cobardes (e porcos) que, en realidade, pouco teñen que ver coa dinámica dunhas municipais e moito coa intoxicación permanente que está a sufrir este estado por parte da ultradereita e os seu sicariado. Iso sí é preocupante.
Aparte destes actos noxentos, agora comeza un mes de campaña apaixoante e moi entretida na Barbanza, aínda que nalgúns concellos xa comezou hai bastantes semanas. Os grupos de goberno esfórzanse en loar aos catro ventos e por todos os medios posibles os seus logros e virtudes, e apuran nese sprint final case desesperado para rematar proxectos e inauguracións a toda pastilla. Por outra banda, os grupos da oposición tentan por en evidencia os defectos das corporacións e se pode ser poñendo algún pau na roda, pois mellor; mesmo se para ese fin hai que facer agardar a moita xente para cobrar os seus traballos, paralizando uns orzamentos nuns binomios contra natura, na miña opinión, moi mal calculados, pois que así sexa.
A isto hai que sumar as novas formacións que entran a competir, algunhas de siglas inauditas, tentando entrar nas corporacións sendo a sorpresa ou a chave, ou ambas. Engadan a todo isto unhas boas pingas de actores externos nas redes ou nas rúas, buscando petroleo ou vinganza, ou ambas. Xa temos a receita para un caldo electoral ben quente.
Mais con todo este cacao, en realidade son procesos normais nestas datas. Como normal é que un goberno se desgaste durante catro anos. Son case mil cincocentos días de conflitos diarios; de intereses propios e alleos e dunha multitude de temas nos que por norma xeral hai que confrontar cunha morea de xente que tamén teñen os seus propios intereses. Algúns terán razóns e outros menos. En fin, isto do goberno municipal é un tema tan espiñoso que eu sempre fantaseei con que, se algún día fose alcalde, sería só por catro anos, porque non creo que fose quen de manexar a enorme hipocrisía que precisa o goberno de calquera estamento para unha reelección. Non sei se me sairía do corpo bater palmas ao ritmo da canción do partido, ou poñer cara de enorme interese a cada cousa que tivera que ir aínda que prefira estar na casa vendo unha pelí tirado no sofá.
Non, a verdade é que non envexo nin a Martiño, nin a Rivas, nin a Xosé Lois en absoluto. O meu carácter natural tentaría estar a ben con case todo o mundo (case, insisto) e teño a certeza de que nun posto de mando iso é directamente imposible. Así que o mellor será estar a velas vir dende fora ollando con interese os acontecementos que están por vir. Porque non dubiden que virán, nestas semanas non haberá nin un momento de aburrimento na Barbanza. Que alguén suspire e faga palomitas.

Outros artigos

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...

+

“Organizacións pesqueiras” – José Manuel Pena

Cada vez hai menos capturas, menos pescadores e poucos ingresos por iso é polo que sexa importante para o sector extractivo asistir ao xerme de novas organizacións pesqueiras nas rías galegas que pretendan, entre outras iniciativas, implantar a comercialización dentro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Hispanidad, motivos para celebrar”. José Antonio Constenla

“La Hispanidad, motivos para celebrar”. José Antonio Constenla

El 12 de octubre de 1492 es más que un año del S. XV, es una de esas fechasque marcan el devenir de la humanidad. Un viaje convertido en gestaprácticamente suicida: navegar 70 días el Atlántico en un pedazo de madera,con la convicción inquebrantable de estar haciendo...

“Con permiso: cantar para vivir distinto” – Antón Luaces

“Con permiso: cantar para vivir distinto” – Antón Luaces

Este sábado, 5 de outubro, choveu  canto quixo en toda Galicia abrindo paso aos trebóns do domingo. Seica o ceo está canso de tanta seca e decidiu regar todo o territorio peninsular disposto, xaora, a pór remate ás regañas da terra e abrir novas posibilidades...