A Policía Local informa de que onte ás 22.35 produciuse un accidente en Artes que ocasionou danos nun poste e en dous contedores. O conductor marchou do lugar e foi interceptado na avenida de Ferrol.
Fíxolle o test de alcoholemia, arroxando un resultado positivo de 0,73 e 0,76 mg/l. Ademais, foi denunciado por atentado a un axente, ao que lle propinou un rodillazo.
Roubo en Deán
Por outra parte, en torno ás 1.15 horas foron detidas dúas persoas por un robo nunha vivenda deshabitada en Deán.
No traballo, desenvolvido de forma conxunta coa Policía Nacional, foi recuperado todo o substraído e tamén outros obxectos que foron presuntamente roubadas en ocasións anteriores.




