
Unha das prioridades da presidencia española de turno da Unión Europea será, segundo a nova Secretaria de Pesca Marítima, Isabel Artime, o desenvolvemento económico e social, con especial atención ás leis de pesca marcadas pola UE. Estas prioridades pasan pola autonomía alimentaria, a descarbonización da frota, a remuda xeracional e a mellora do procedemento de toma de decisións da propia Unión Europea, especialmente no que atinxe á determinación de tacs e cotas.
As limitacións á pesca de fondo (inxustas para o Goberno español) podería colidir con esta formulación dada a insistencia en non emendar o Plan de Acción dos Recurso, que reduce as zonas para a pesca de arrastre nos espazos marítimos protexidos e que, polo que se pode supor, non vai ser unha decisión exclusiva da Comunidade Europea se temos en conta os pasos que no mesmo senso están a dar xa tanto países non comunitarios (caso do Reino Unido) como doutros Estados membros (como tal hai que considerar actualmente a Escocia) e que reducen ainda máis as posibilidades de pesca dos 27 en caladoiros que afectan directamente ás frotas de España, Portugal, Francia e Irlanda.
Ou nos engañamos a nós mesmos ou estamos a pechar os ollos perante o que países da nosa contorna están a facer, contando mentiras talvez nun intento de non asumir a realidade dos feitos: o Reino Unido ven de pechar un proceso de consulta sobre a creación de cinco zonas mariñas altamente protexidas. Unha delas é a zona de Dolphin Head, no Canal da Mancha, que afectará á frota francesa de alta mar.
Mais a proposta de novas zonas protexidas non afecta exclusivamente a un país alleo á UE, pero que sin embargo repercute en frotas comunitarias de, por exemplo, Portugal, España, Francia, Irlanda, Alemaña e mesmo Países Baixos. Porque, por outra banda, Escocia comprometeuse a crear zonas de proteción total no 10% das súas augas, e os vínculos deste territorio británico coa UE mantéñense vixentes en boa medida.
Case que unha cuarta parte das augas territoriais británica están cubertas por áreas mariñas protexidas que, para os conservacionistas, son “parques de papel” debido a que hai moi poucas restricións á pesca e ás actividades industriais como o cableado dos parques eólicos en alta mar.
Son estas zonas de exclusión da poesca-como as de Lundy (no cabal de Bristol) e a illa de Arran (Escocia), moi controvertidas para os pescadores,
Probablemente non sexa máis co principio, xa que logo as autoridades británicas pretebnden unha rfede de áreas mariñas altamente protexidas para “axudar á recuperación dos nosos hábitats oceránicos”.
Os seus, obviamente.



