Éxito de participación e implicación da Campaña do Día da Nai da ABE

08 Maio 2023

A patronal boirense (a ABE) fixo balance do acadado na Campaña do Día Nai, que vén de rematar este domingo. Fíxoo con máis de 2.000 puntos agasallados aos clientes para seren trocados por vales de compra ou regalos. A campaña, que foi “todo un éxito de participación e implicación” en palabras da ABE, saldouse tamén co sorteo de dous bonos ABE de 40 euros e co rexistro de 608 tíckets en pouco máis dunha semana.

Na mañá deste luns 8 de maio realizouse o sorteo dos premios da campaña que organizaba a ABE con motivo do Día da Nai e que tiña como obxectivos premiar a fidelidade dos clientes e promocionar as vendas nos negocios asociados nesta data tan sinalada.

As persoas premiadas con cadanseus bonos ABE de 50€ foron Valeria Ruiz Outeiral por unha compra realiza en Carnicería o Jalo e para Sara Lojo Sánchez por unha compra realizada en Mi Frutería. Ambas poderán usar os seus bonos ABE en calquera dos 196 negocios asociados e sen caducidade.

Ademais todos os clientes que realizaron as súas compras entre o 28 de abril e o 7 de maio e rexistraron os seus tíckets e/ou facturas en www.abe.gal acumularon o dobre de puntos para cambiar polos premios do catálogo que inclúen tamén bonos ABE para mercar nos negocios asociados.

Como dixemos, foron en total 608 rexistros, case 100 mais que os recibidos na campaña do Día do Pai, e regaláronse mais de 2.000 puntos extra.

A ABE lembra que durante todo o ano os clientes dos negocios asociados poden rexistrar tíckets e facturas e acumular puntos para cambiar por Bonos ABE ou agasallos e que eses rexistros tamén valen para participar en sorteos de premios e/ou campañas como a do Dia do Pai.

Esta campaña conta con financiamento da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...