Este venres pola noite Ibuprofeno leva Smoke on the water á Casa da Cultura de Boiro

12 Maio 2023

Ibuprofeno Teatro vai representar este venres 12 de maio, en Boiro, a función Smoke on the water. Será na Casa da Cultura a partir das 12.00 horas. As entradas poden adquirirse dende unha hora antes do espectáculo.

Sinopse

Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll dos 70, ten un tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa non canta desde hai anos, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións e dependencia imposible de desenredar. Este status quo absurdo, en continua combustión, ver ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresor que se namora perdidamente de Janis, á vez que establece unha profunda amizade con Ritchie.

A intervención de Joan Baez, empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.

Ficha artística

Elenco:

Josito Porto: Ritchie

Belén Constenla: Janis

Adrián Ríos: Alex

María Costas: Amparo, Joan Baez

Mon Orencio: Músico en escena

Dirección y texto: Santiago Cortegoso

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.