Este venres comeza a veda do polbo en toda Galicia e remata o 3 de xullo

18 Maio 2023

Queda expresamente prohibida a extracción desta especie en augas nas que a comunidade ten competencias, incluíndo a pesca marítima de recreo

A veda do polbo da campaña 2023-2024 comeza este venres ás 16.00 horas e rematará ás 05.00 horas do vindeiro 3 de xullo. Así o establece a resolución pola que se aproba o plan experimental para a xestión do polbo con nasa, que entra en vigor mañá e permanecerá vixente ata que se publique o plan da seguinte campaña extractiva e a correspondente veda. Non obstante, malia finalizar a actividade extractiva, as capturas desembarcadas o 19 de maio poderán comercializarse tamén ao día seguinte naquelas lonxas que tradicionalmente rexistran vendas deste cefalópodo os sábados.

Este período de descanso para a especie, necesario para axustar a xestión pesqueira ao seu ciclo de vida e contribuír a unha explotación máis sustentable, implica que queda expresamente prohibida a captura, tenza a bordo, transbordo, desembarco, almacenamento, venda ou comercialización desta especie, por medio de calquera arte, en augas nas que Galicia ten competencias en marisqueo. Polo tanto, a frota dedicada á captura deste cefalópodo con nasas deberá retiralas do seu calamento e levalas a porto. O tempo de veda é tamén aplicable á pesca marítima de recreo e ás capturas con calquera outra arte distinta da nasa para polbo.

Este ano, froito dos contactos coas federacións de confrarías e das correspondentes avaliacións técnicas do estado do recurso, a Consellería do Mar decidiu incrementar os topes máximos de captura fixados no plan en relación con campañas anteriores. Polo tanto, a partir do 3 de xullo a cota máxima da especie será de 35 quilogramos por barco e día, á que se lle engaden 35 quilos diarios por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 240 quilogramos por xornada. No resto da campaña a cota máxima será de 55 quilos por embarcación e día, aos que se lle engaden outros 55 por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 350 quilos por xornada de traballo.

Este plan tamén establece por primeira vez a posibilidade de substituír as cotas máximas diarias de captura e desembarco por topes semanais en función da evolución da campaña e atendendo a circunstancias que o xustifiquen debidamente, unha medida de carácter temporal que permanecerá vixente unicamente mentres duren as causas que a motivaron. 

Plan 2023-2024

O novo plan de xestión do polbo regula aspectos como o horario autorizado para a actividade das embarcacións con nasa polbo que, unha vez remate a veda, irá desde as 06.00 horas -aínda que os barcos poden saír do porto ás 05.00 horas- e finalizará ás 16.00 horas. O número de nasas permitido queda establecido en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados e a bordo.

En canto ao réxime de calamento das nasas, de cabo Silleiro ao Con da Aguieira, os aparellos terán que levantarse do seu calamento e levarse a porto todos os días coa seguinte excepción: aquelas que estean establecidas en fondos superiores aos 20 metros poderán permanecer no seu calamento sen ser levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal. O mesmo rexerá para a cara oeste da illa de Ons, desde o Con da Serriña ata o illote do Centulo, onde as nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto e sen limitación de profundidade.

Na zona de Con da Aguieira a cabo Corrubedo, ata o 1 de outubro deste ano as nasas terán que levantarse e levarse a porto todos os días. Desde esa data ata o inicio da veda de 2024 as nasas poderán permanecer caladas incluso durante o período de descanso semanal. No resto do litoral galego as nasas poderán permanecer no seu calamento sen ser levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal.

A actividade será controlada a través do programa de seguimento e control, levado a cabo pola Subdirección Xeral de Gardacostas en colaboración cos gardapescas das confrarías de pescadores e os servizos contratados ao efecto.

Outros artigos

Santiago Llovo presentou o libro “A salga en Cee e Dumbría”

O xornalista Santiago Llovo, un dos grandes expertos da actualidade na nosa rica historia pesqueira, conserveira e mariñeira, presentou en Dumbría, este xoves 10 de outubro o seu libro A salga en Cee e Dumbría. Interviñeron na presentación (acompañando ao escritor) a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...