Este luns 22 levanta o pano no Pazo de Goiáns o Festival de Cinema Escolar Olloboi

22 Maio 2023

Este luns 22 de maio inaugúrase en Boiro un dos grandes acontecementos culturais galegos da tempada: o Festival de Cinema Escolar Olloboi, edición 2023 (a número 13 do certame). Será ás 20.00 horas nun marco histórico, cultural e (tamén) cinematográfico incomparábel: o Pazo de Goiáns. Desenvolverase en Boiro ao longo da semana: entre o 22 e o 26 de maio, tanto no Pazo de Goiáns (sede principal da axenda) como noutras localizacións.

Impulsado polo colectivo docente e escolar local e capitaneado por Ana Moreiras e Sara Hermo (en colaboración co Concello), o festival contará este ano coa participación de 150 escolares de diversos centros. Temos toda a información do certame na web www.olloboi.com. Un dos intres culminantes, a gala de premios, está programada para o día 26. Será novamente no Pazo de Goiáns.

Pechado o prazo de inscrición, a organización anunciou que son 111 as curtametraxes que concorren no festival, procedendo unha parte importantes das mesmas dos 55 centros educativos que participan nesta convocatoria.

O xurado estará integrado polos profesionais do sector audiovisual Sandra Montes, Juan Galiñanes, Lucía C. Pan, Suso López, Lucía Estévez, Leti Blanco, Noemí Chantada, Óscar Pardo, Fon Cortizo, Toño Chouza, Miguel de Lira, Fede Pérez, Quique Otero, Lorena Vilas, Pablo Fontenla, Sabela Hermida, Olaia Sánchez, Luis Avilés, Arantxa R. Ponte, Jorge Rivero, Marta Ríos, Andrés Goteira e Lidia Veiga,

As persoas gañadores de todas as categorías recibirán un trofeo. Tamén haberá premios especiais para os vencedores na sección de maiores de 18 anos: a asistencia a unha rodaxe. Na modalidade Peque, agasallarase aos novos talentos cun concerto no colexio. Por último, quen se impoña na categoría Zamburriori poderá participar nunha charla a cargo dun cineasta e recibirá un lote de libros de Aira Editorial.

Programa

Luns 22 de maio 

20.00h – inauguración do festival e proxección das pezas Olloboi V.O. (colexios de Boiro) 

Martes 23 de maio 

9.30 a 11.00h – visita colexio Santa Baia

11.00 a 12.30h – visita colexio Escarabote 

16.00 a 18.00h – charla sobre formación audiovisual e saídas profesionais 

Mércores 24 de maio 

10.20 a 12.00h – visita colexio Abanqueiro

12.30 a 14.00h – visita colexio Praia Xardin 

18.00 a 20.00h – apertura ao público e outros centros de ensino 

Xoves 25 de maio 

10.00 a 11.30h – visita colexio Cespón 

20.00h – presentación do libro de José Gil por Manolo González 

Venres 26 de maio 

10.30 a 11.30h – recepción dos centros e presentación no Pazo de Goiáns 

12.00 a 14.30h – muchachada en Cabo de Cruz 

15.00 a 18.00h – xantar-convivio na praia da Retorta 

19.00 a 20.00h – proxección das pezas da muchachada na Abadía de San Enrique 

20.30 a 22.00h – entrega de premios na Abadía

22.00h – cea, foliada con Nunca é Tarde e fin de festa con Skanderani na Abadía

Tamén podemos consultar o programa completo de actividades na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...