Esquerda Unida presenta en Boiro candidatura e programa político

07 Maio 2023


Esquerda Unida Boiro celebrou este sábado 6 de maio a presentación pública da candidatura e do seu
programa electoral ás eleccións municipais do próximo 28 de maio.

Durante o acto interviñeron Rita Vicente, Javier Alonso, María Duro e Néstor Sieira, candidato a alcaldía de Boiro. O acto desenvolveuse no Centro Social de Boiro ante un auditorio ateigado, ao que a organización de esquerdas trasladou á veciñanza de Boiro as claves do seu programa electoral.

Néstor Sieira mostrou o compromiso da súa candidatura cos orzamentos participativos e a humanización de zonas claves do municipio, como o entorno de Carragueiros, a punta de Piñeirón ou o entorno de Agramuiña. Tamén insistiu na “bulevarización” da rúa principal e na necesidade urxente dunha nova depuradora que poña remedio aos problemas que se ocasionan no EDAR de Cabo de Cruz.

Por último, o candidato de Esquerda Unida resaltou o empeño da súa organización coa vivenda publica e comprometeuse a desenvolver unha bolsa de pisos de alugueiro a prezos alcanzábeis para as persoas traballadoras. Tamén puxeron o foco “na urxente necesidade dunha residencia de maiores pública, xa que non podemos permitir que se faga negocio coas necesidades básicas das persoas”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.