Escolares de infantil e primaria, entre eles dos de Ribeira, visitarán as illas atlánticas grazas ao concurso educativo da Xunta e o Parque Nacional coa escola

06 Maio 2023

Máis de 440 alumnos e alumnas de infantil e primaria visitarán este mes o Parque Nacional das Illas Atlánticas como premio polo certame educativo O Parque Nacional coa Escola, que impulsa a Xunta.
O concurso ten como obxectivo que os escolares reflictan o aprendido nos obradoiros impartidos polo Parque Nacional nos colexios participantes e no centro de visitantes de Vigo. Concretamente, a edición deste ano consistiu nun traballo grupal feito a man centrado no corvo mariño cristado para os cursos de educación infantil e primeiro, segundo e terceiro de primaria; e un xogo dixital de preguntas e respostas para os niveis de cuarto, quinto e sexto.
A iniciativa contou coa participación dun total de 2247 persoas, entre docentes e alumnado, pertencentes ás máis de 100 aulas dos 26 colexios dos concellos de Vigo, Bueu, Vilagarcía, Ribeira, Cangas e Sanxenxo que forman parte do programa educativo para o curso 2022-2023 do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O premio é unha ruta especial cos guías do parque, onde o alumnado poderá aplicar o aprendido nas actividades educativas e, así mesmo, desfrutar de tempo de lecer para desfrutar dunha xornada na natureza. As visitas realizaranse a primeira quincena de maio, cando se lle entregarán os diplomas acreditativos aos participantes. Nesta ocasión, os destinos elixidos polos centros son Cíes, Ons e Sálvora.
Os colexios gañadores foron o Ceip Plurilingüe Belesar (Baiona), o Ceip A Pedra (Bueu), o Ceip Plurilingüe Casa de la Virgen (Cangas), o Ceip O Pombal (Vigo), o Colexio Miralba (Vigo), o Ceip Ría de Vigo (Vigo), o Ceip Emilia Pardo Bazán (Vigo), o Ceip Altamar (Vigo) e o Ceip Dr. Fleming. Todos os traballos están visibles no Facebook do Parque Nacional , e os premiados serán expostos a partir do 29 de maio e ata fin de xuño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.