Tardou en chegar; pero veu.
Finalmente os que sentimos algo polo mar acudimos este domingo a Santiago de Compostela para darmos resposta a un chamado solidario que tiña un obxectivo único: entregar o cariño que ten gañado ao longo dos seus 40 de vida como presidente de AETINAPE envolveito na historia do Faro de Múxía e no moito fiar dunha esfera armilar ou astrolabio insansable no seu xirar arredor dun eixo eterno: a problemática do mar.
Colleitador de toda esta historia foi o home que soportou carros a carretas desde o intre no que se soubo que nacera a Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueira (AETINAPE) e que o facía con afán de servizo, con gañas de cambear bágoas por apertas, leis por promesas, feitos por un eterno deixar ir, esixir cambios e dar remate aos desleixos. Veu Xosé Manuel Muñiz Ríos, que foi quen de virar o mundo do mar -sempre inquedo e irresoluto- dicindo as verdades do barqueiro doera a quen doera, chamando ás cousas polo seu nome e deixando na cañeira canta merda vjña acumulada en diarios de sesións, boletíns oficiais e actas que no papel din moito pero que no mar se dilúen.
Con Muñiz chegou o “comandante” da verdade, do traballo constante, da ilusión permanente polo cambio, de sempre ir e poucas veces vir de valeiro. Soubo poñer ás milleres dos mariñeiros alí onde elas poideran e souberan organizarse para facer o que cumpría e foi aliado de “Rosa dos Ventos” do mesmo xeito que o foi dos políticos que, en Madrid, en Galicia, en Euskadi, Canarias, Andalucía, etc., merecían atención e agradecemento polo seu labor a prol da xente do mar forf esta de máquinas ou de ponte, de cuberta ou de fonda.
Eramos 120 os afortunados que comprobamos como Muñiz se emociona e cala (calar, o presidente de AETINAPE, calar José Manuel Muñiz, por Deus Noso Señor que sacrilexio, el que non cara nen ao luceiro do día), como ten que pensar o que vai dicir porque sabe que xa non están os que sempre estiveron, os que navegan coas cartas do alén polo moito máis aló..
Unha homenaxe merecida que chegou a tempo e con tempo pola Porta do Camiño, esa porta que Muñiz soubo abrir xa para sempre, cando o seu foi “de sempre” estaren pechadas para o que cheiraba a salitre. A xarda, o bacallao, a sardiña, o lirio, a pescada, o fletán, tgiveron desde o nacemento de AETINAPE un valor que daquela só o posuía a conta corrente, o Ibex, os bancos e vaixas de aforros.
Rematou o conto. Xa había con quen falar, un interlocutor válido para ministros, conselleiros e demáis tropa de moqueta. O mar estga alí. Muñiz está aquí.
Os afoertujnados, o sábado, fomos 120 por poder acompañalo. Moitos miles están, hoxe, satisfeitos polo realilzado.
Sempre no camiño, Muñiz.