Eleccións Municipais 2023: Fran Calo acada o apoio da Xunta para ordenar e potenciar os montes de Outes

24 Maio 2023

Fran Calo, candidato á alcaldía de Outes polo Partido Popular, trasladouse esta semana a San Caetano para manter unha xuntanza co conselleiro do Medio rural, José González Vázquez, co obxectivo de abordar cuestións interese para o Concello con vistas aos próximos catro anos e no caso de acadar os populares a alcaldía.

A principal proposta que Fran Calo lle trasladou ao conselleiro foi “a ordenación e posta en valor dos montes”. O candidato salientou que a proposta foi valorada “moi positivamente” polo conselleiro, que mostrou o total apoio da Xunta de Galicia a esa iniciativa, ofrecéndolle varias fórmulas para acadar ese obxectivo, como os polígonos forestais, as parcelarias, as agrupacións de xestión conxunta e a figura das  SOFOR.

Conselleiro e candidato quedaron xa emprazados a unha próxima reunión despois do 28 de maio se se acadara a alcaldía de Outes, coa finalidade de “definir as zonas e fórmulas concretas para empezar a traballar”.

Na xuntanza tamén se tratou a posibilidade de actuar en zonas que o precisan, para incidir en accesos a parcelas e núcleos rurais.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...