Elecciones Municipais 2023: Fran Pérez e Beatriz Sestayo comprométense a ampliar solo industrial en Noia

24 Maio 2023

O candidato á alcaldía de Noia polo PSOE, Fran Pérez, realizou un acto de presentación do seu programa económico ante o empresariado noiés. Foi este martes 23 de maio na Casa da Cultura, na compaña de Beatriz Sestayo, xerente da empresa pública encargada do desenvolvemento dos parques industriais: SEA.

Esta xuntanza centrouse en trasladar ao empresariado noiés un programa económico “orientado ao crecemento, ao desenvolvemento do potencial deste concello”, en palabras do propio candidato. Para isto, dixo, sería “imprescindible a ampliación do solo industrial co que contamos”. Sestayo incidiu na “idoneidade de Noia para a ampliación de solo e a creación dun polígono máis amplo”, asegurando que “os concellos lindeiros xa experimentaron crecementos semellantes, e moitas empresas están a buscar espazo nesta zona e xa non o atopan”. Porén dixo, para isto é necesario que o Concello teña interese e
estea disposto a traballar e implicarse no proxecto. O resto de facilidades poñémolas nós”, explicou a xerente de SEA.

Na reunión, os empresarios presentes tiveron a oportunidade de dirixirlles preguntas sobre detalles específicos do programa e valoracións sobre a situación actual do Concello. Neste último senso, e ante unha pregunta dirixida por un dos presentes, Sestayo afirmou que “a ampliación pódese facer, pero nestes últimos catro anos non tivemos noticia de que o Concello tivese interese algún en realizala. A nós non nos chamaron”, indicou.

“É tan sinxelo como intentalo, como poñerse a traballar para conseguilo”, comentou o candidato. “O que está claro”, finalizou o aspirante á alcaldía de Noia e ex-presidente da Asociación de Empresarios Noia Histórica, “é que quen tivo oito anos para facelo e non o fixo non o vai facer en doce. Nós xa empezamos a traballar hai meses”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.