A Policía Local de Ribeira informou de que un control policial efectuado esta madrugada en Frióms saldouse con dous condutores positivos por alcoholemia e un por consumo de cocaína.
Así, foi citado para xuízo rápido por delito contra a seguridade viaria un veciño de Porto do Son, de 36 anos de idade, por conducir cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,60 MG/L.
Outro condutor, veciño de Ribeira de 58 anos, recibiu unha denuncia administrativa por alcoholemia.
E un terceiro condutor, veciño de Boiro de 31 anos, resultou positivo en cocaína.



