“Don Ramón del Valle-Inclán volta a visitar as Terras de Boiro”. Antonio González Millán

23 Maio 2023

Don Ramón del Valle-Inclán volta a visitar as Terras de Boiro, ao igual que fixera en vida, cando a súa estadía na Pobra do Caramiñal. Na comarca do Barbanza deixase ver, escoitar e fotografiar en repetidas ocasións. Como gran facedor de arte da palabra aquí protagoniza parladoiros en boticas, en recreos de pazos, en excursións, en romaxes… E o máis importante, desenvolve unha frenética actividade literaria e crea os textos de títulos universais. Sendo que residindo coa súa propia familia no gran casal da Mercé, na campiña de Posmarcos, como en “Villa Eugenia”, na vila do Caramiñal, saen do prelo de distintos boletíns e revistas –así de Galicia como de América– varios relatos seus e escolmas de libros seus publicados en galego.

Conscientes das omisións contemporáneas deste periplo humano e literario no Barbanza daquel ao que Alfonso Castelao declaraba ser un “gallego extraordinario” e o “mejor artista nacido en Galicia”, don Ramón del Valle-Inclán, fillo do rexurdimento cultural do seu país, este maio o profesorado do IES de ESPIÑEIRA quixo divulgar testemuñas barbanzás e galegas do noso ilustre paisano.

Animamos a que vos echeguedes á mostra que instalaron neste centro escolar. Veredes exemplares de libros do escritor publicados en galego e en portugués; textos seus de contos galegos saídos á luz entre 1918 e 1921; unha escolma das moitas fotografías súas nas vilas históricas da Pobra e Cambados; a escolma de carteis das Xornadas de Homenaje a Valle que o vindeiro outubro cumpren 25 anos entre nós; e moi especialmente as caricaturas literarias dos mais grandes nomes de escritores/as das letras internacionais que crea Néstor Dámaso del Pino, amigo dos finisterres atlánticos que unen a Galicia e as Illas Canarias, etc.

GRAZAS En especial ás profesoras María Ana Domínguez, directora do IES, e Margarita Fernández, coordenadora do EDLG, e a través da cita ao profesorado e alumnado do centro.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.