Dodro festexa a cultura galega coa presentación de Neve, homenaxes a Fernández del Riego e unha función teatral

16 Maio 2023

O Concello de Dodro celebrará o Día das Letras Galegas coa presentación do libro Neve, da escritora Brenda Mondelo, gañadora do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón. O acto terá lugar ás 17.30 horas no Pazo de Lestrobe. Acompañarán á autora representantes da editorial Chan de Pólvora, encargada do deseño e impresión da obra, a poeta Elvira Ribeiro Tobío, coordinadora do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco e o alcalde do Concello de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís. O público asistente recibirá como agasallo un exemplar do libro premiado.

No marco deste acto tamén haberá espazo para unha homenaxe ao intelectual Francisco Fernández del Riego, neste caso, coa actividade Música e palabras do escritor Xurxo Martínez, da soprano Anna Mélikhova e da pianista Paula Gago.

O Concello de Dodro aproveitará esta celebración para amosar o seu compromiso coa lingua e cultura galega e lembrar que o municipio é un lugar destacado na cartografía das nosas letras grazas a grandes poetas como Eusebio Lorenzo Baleirón.

A semana das Letras Galegas rematará o venres 19 de maio, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura coa actuación de Inventi Teatro e a presentación da súa obra As palabras perdidas; unha proposta teatral para público familiar subvencionada pola Rede Cultural 2023, da Deputación Provincial da Coruña.

Outros artigos

Dodro organiza este domingo 4 de outubro unha xornada micolóxica

Este 4 de outubro (domingo) a veciñanza de Dodro ten unha cita cos cogomelos. Será unha xornada micolóxica organizada polo Concello para aprender e recoller diferentes tipos de cogomelos e coñecer as súas principais características para telos sempre identificados e...

+

O BNG de Dodro demanda máis persoal municipal

Desde o principio do mandato o BNG de Dodro está trasladando aos gobernos locais e autonómico a preocupación veciñal polo que é, nas súas palabras, "unha falta de investimento en Dodro" e "unha falta limpeza e asfaltado ao longo da estrada da Xunta AC-305 que vertebra...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.