Dodro celebrará o 17 de maio coa presentación do libro distinguido no XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

11 Maio 2023

O Concello de Dodro celebrará o Día das Letras Galegas coa presentación do libro Neve, da escritora Brenda Mondelo, gañadora do XXXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

A escritora Brenda Mondelo

O acto terá lugar ás 17.30 horas no Pazo de Lestrobe. Acompañarán á autora representantes da editorial Chan de Pólvora, encargada do deseño e impresión da obra, a poeta Elvira Ribeiro Tobío, coordinadora do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Xoán Xosé Vicente Franco e o alcalde do Concello de Dodro, Francisco Xabier Castro Tourís. O público asistente recibirá como agasallo un exemplar do libro premiado.

No marco deste acto tamén haberá espazo para unha homenaxe ao intelectual Francisco Fernández del Riego, neste caso, coa actividade Música e palabras do escritor Xurxo Martínez, da soprano Anna Mélikhova e da pianista Paula Gago.

O Concello de Dodro aproveitará esta celebración para amosar o seu compromiso coa lingua e cultura galega e lembrar que o municipio é un lugar destacado na cartografía das nosas letras grazas a grandes poetas como Eusebio Lorenzo Baleirón.

A semana das Letras Galegas rematará o venres 19 de maio, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura coa actuación de Inventi Teatro e a presentación da súa obra As palabras perdidas; unha proposta teatral para público familiar subvencionada pola Rede Cultural 2023, da Deputación Provincial da Coruña.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.