
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 21 de maio como o Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento.
Ocorrerá o milagre neste día, que nos medios de comunicación, nos faladoiros mañaneiros ou vespertinos, os participantes respectasen o dereito á palabra do opositor, manterán todos en mesmo ton de voz.
Saberán os tertulianos que só se pode dicir unha vez a palabra etcétera, e non dúas ou tres como fan eles.
Saberán eles e elas que cando falan todos xuntos, é imposible escoitar a algún, parecen que están no mercadiño, ou talvez estean.
Algúns están á caza, aquí cóllote aquí mátote, é dicir non comezan a expoñer e xa son interrompidos, déixame acabar, non señor, non, non é déixame acabar, será déixame empezar.
O problema é que ningún ou case ningún, e aí obsérvase a diferenza, é dicir ningún se representa a si mesmo, representan intereses, persoais ou ben partidos ou medios de comunicación, pero ningún, ou case, representa un xuízo, unha análise certa, veraz, no posible.
Hai unha gran diferenza entre unha opinión e unha información.
Os que peiteamos canas acordámonos de José Luis Balbín, aquilo era saber facer, saber estar.
O día 21, só por curiosidade estarei atento na observancia, se algún, aínda que sexa só por respectar ese día, acatase a quenda de palabra.
Podería afirmar, e afirmo, que o 21 será un día máis, para ter razón gritase mais que ti, coma se a razón estivese ou estivese no volume emitido.
Son como nenos.




