“Día Internacional dos Museos”.  Antonio González Millán

18 Maio 2023

Promovido dende 1980. Aberto ao público do país dende maio de 1987. Orgullosos/as de ser o primeiro centro museístico creado nas ribeiras arousás do Barbanza e do Salnés.

“Consumín moitos anos mirando como todas as cousas íanse mudando e perecían, cego para ver a súa eternidade.

[…] Esta graza intuitiva disfruteina por primeira vez unha tarde dourada, mirando o mar azul. Chegaban as barcas pescadoras, anunciábaas o caracol, voaban as gaivotas arredor das velas ámbar, e os meus ollos podíanas seguilas nos seus círculos máis lixeiros, e vendoas desaparecer ao lonxe, ao voltar recoñecíaas unha a unha, non só na plumaxe, senon no secreto do seu instinto, por cansas, por vellas, por famentas, por feroces…”

A tarde perdera os seus ouros, e era toda azul. Eu, sentado baixo da vide da miña horta aldeá, púxenme a rezar. Naquela benaventuranza do campo, do mar e do ceo, sentíame cheo dun sentimento divino. Todo o amor da hora estaba en mín, o solpor revelábaseme como o vínculo eucarístico que une a noite co día, como a hora verbo que participa das dúas substancias, e é harmonía do que foi co que agarda ser. Seguía soando o caracol dos pescadores, e sobre as ondas tendíase o derradeiro raio de sol. Por aquel camiño luminoso remontáronse os meus ollos ao azulado final do mar. Entón sentín o que nunca sentira: Baixo as tintas do solpor estaba a tarde queda, durmida, eterna. A cor e a forma das nubes eran a evocación dos momentos anteriores, ningún pasara, todos se sumaban no derradeiro.”

Ilustración: REGUEIRA, Domingo: García Martí nos Areos (2020)

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...