Un home foi denunciado na comisaría da Policía Nacional de Ribeira por agredir a un menor e partirlle catro dentes. Os feitos tiveron lugar durante a tarde do domingo nas proximidades do complexo deportivo da Fieiteira, onde se estaba disputando un partido de fútbol entre o Cidade de Ribeira e o Vista Alegre.
O menor de idade, duns 17 anos, sufriu a rotura de catro dentes, presuntamente a mans dun home de 31 anos que lle pegaría no rostro. Segundo recolle La Voz de Galicia na súa edición dixital, o home foi denunciado por agresión.




