Decretan prisión provisional para dous dos detidos pola agresión en Ribeira

24 Maio 2023

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Ribeira decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza de dúas dos tres detidos pola brutal agresión a un mozo de 27 anos o pasado domingo no municipio ribeirense.

Ambos están acusados dun delito de intento de homicidio e un deles ademais está a ser investigado por un delito de tenencia ilícita de armas. O terceiro home foi posto en liberdade, xa que só está a ser investigado por un delito de encubrimento. Os detidos foron sorprendidos pola Policía Nacional en Tui, mentres tentaban fuxir cara a Portugal.

Todos eles están a ser investigados pola brutal agresión na rúa Diego Delicado ás 03:00 horas do domingo 19 de maio. Acúsaselles de perseguir á vítima despois de encerellarse previamente na noite e ao enfrontarse con el, apuñalalo en dúas ocasións e dispararlle. O mozo tivo que ser atendido e intervido de urxencia primeiro no Hospital do Barbanza e despois no Clínico de Santiago. Segue aínda ingresado en Compostela, aínda que xa fóra de perigo e en planta.

Ambas as armas utilizadas na agresión foron atopadas polos corpos de seguridade. Os axentes atoparon o coitelo nas intermediacións do incidente o propio domingo, mentres que a arma de lume usada foi achada onte no porto de Ribeira, tras un operativo da man da Unidade Subacuática da Policía Nacional.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...