“Crédito ou débito”. Luís Celeiro

25 Maio 2023

Foi ao banco dos cartos, entra e cando rematou as xestións (a xestión), ao cabo de dúashoras, saíu mirando ao reloxo, buscando as chaves do coche, gardando os papeis e falando só. Ía sacar cartos para pagar unha compra e atopouse cun muro dialéctico, irracional e duro como se fose de cemento armado. Cada unha das súas interrogacións era contestada pola máquina auxiliar ou, máis ben, era rexeitada. Moitos dos mostradores estaban baleiros e as operarias bancarias (eran tres ou catro mulleres) estaban apuradas, seguindo o ritmo do negocio a duras penas, a salto de mata. Estaban agardando o necesario reforzo, que non hegaba.
Os clientes da oficina mirábanse entre si e falaban, criticaban o sistema, revisaban o seu número, enfadábanse e algúns deles marchaban. Uns marchaban e outros entraban, situábanse prudentemente no final da ringleira e alí estarán, aínda hoxe, agardando. “Se queren sacar diñeiro, dicía unha das operarias, pasen polo caixeiro, coa tarxeta ou coa libreta”. Polo caixeiro, respectando a súa quenda, tamén debían pasar os que querían coñecer o saldo da conta e aqueles que pretendía pagar os recibos, debería marchar tranquilamente para a súa casa e facer as xestións por internet.
Os que non teñan conexión ou non saiban manexarse, “que aprendan ou que lle pidan axuda aos fillos ou a algún veciño”. Que fagan o que queiran, pero que se vaian. Isto é un negocio, un negocio que se mide unicamente polos dividendos. Precisamente por iso, para obter suculentos rendementos, o banco ten que cobrar pola xestión, por tódalas xestións e operacións que se realicen, fágaas quen as faga.
Para retirar calquera cantidade de diñeiro do subsidio, señor cliente, ten que pedir cita e vir aquí cando lle manden, sacar número nesa máquina e esperar que o seu número saía naquela pantalla. -Señorita! Se veño polos meus cartos, debo seguir igualmente eses pasos?
-Naturalmente, cabaleiro! Son as normas establecidas pola entidade e aprobadas por instancias superiores. Vostede, que quere?
-Eu, eu, eu … quero respecto e quero sacar uns cartos dos meus para facer a compra da semana e para pagar o aluguer da vivenda. -Señor!, non se atrapalle, para pagar o aluguer, domicilie os recibos e para pagar a compra, facémoslle unha tarxeta, que pode ser de crédito ou de débito. Entendeume?

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...