“Control na información dos incendios forestais en Galicia: limitar a liberdade de información” – Antón Luaces

09 Maio 2023

Semella que no Goberno galego quedan parte dos moitos medos que a ditadura franquista padeceu á liberdade de información. Só así se pode explicar o férreo control que a Xunta de Galicia tenta aplicar á información que garde relación cos incendios forestais.

E non é que un -raposo vello neste eido- vexa as que me parecen evidentes mostras de control deste tipo de información: tamén o Anteproxecto de Lei de Loita integral contra os incendios forestais en Galicia, deseñado pola Consellería de Medio Rural e que está en trámite desde o 20 do pasado mes de abril, inza o “corpus” do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) dun sarabullo que proe a cantos levamos no entrecosto a experiencia das denuncias e o paso polo Tribunal de Orde Pública (TOP) do franquismo cando constatamos que no devandito Anteproxecto se estabelece a prohibición “para calquera persoa ou entidade pública ou privada a creación ou difusión de feitos e datos falsos en relación cos incendios forestais por calquera medio, incluídas as redes sociais”. 

Esta prohibición, que o CPXG considera “totalmente inaxeitada” na súa redacción, conduce a este -como digo, can vello nos vieiros do xornalismo- a tempos nos que o franquismo poñía a venda denantes que se producira a ferida conducíndote ao TOP pola vía rápida, Porque non é un intento de limitar o dereito á liberdade de información que consagra o artigo 20 da Constitución Española?, non é a paternalista “recomendación” de non dicir o que o “pai” Estado ou Goberno coida debe ser “a verdade” (a súa verdade) dos feitos?. De non ser así, que pode significar para a Xunta “feitos e datos falsos”, non están a dar por feito que o que se informa é falso pola mera circunstancia de que non  cadra co que eles, a Xunta, coida debe dicirse?.

O Colexio de Xornalistas de Galicia deixa nídiamente claro que “a indefinición do que sexa susceptible de considerarse como “feitos e datos falsos”  e o abandono do concepto de veracidade utilizado pola  Carta Magna e que pon o foco na profesionalidade coa que se realiza a información, semella apuntar implicitamente aos datos oficiais da administración que non deixa tamén de ser unha fonte interesada”. 

Engade o CPXG que “calquera tentativa de limitar a posibilidade de expresión ou de transmisión de datos só pode redundar nun gravísimo deterioro do dereito da cidadanía a ser informada, intolerábel nun estado democrático”.

Haberá medo á información veraz, libre, en San  Caetano?. Teremos que integrarnos todos, de vez, nos “Venres Negros” dos traballadores da TVG?.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.