CONGALSA luciu innovación tecnolóxica e gastronómica no Galicia Market Place

03 Maio 2023

O pasado mes de de abril celebrouse na sede do Círculo de Empresarios de Galicia (Vigo) a sétima edición do salón Galicia Market Place, un encontro destinado a mostrar, a través das nosas empresas e iniciativas emprendedoras, o futuro do sector agro-mar galego. Entre as empresas participantes atopábase a pobrense CONGALSA, que intercambiou experiencias e propostas con outros profesionais do sector agro-marítimo-alimentario ao longo dunha xornada de charlas, mesas redondas, coloquios e demostracións.

Nesta edición púxose o foco en factores decisivos do éxito empresarial como o traballo, a innovación ou a fortaleza do sector pesqueiro galego; e fomentouse tamén o consumo dos produtos deste sector, referente económico na nosa terra.

Falando de innovación no sector, tecnoloxía, iniciativas empresariais e novos negocios o evento contou coa presenza da directora TIC de CONGALSA Noemí Gil Santos, quen interveu nunha mesa redonda con Paloma Rueda (directora do Centro Tecnolóxico do Mar), Sergio García Gil (xerente de Capitán Alga) e Santiago Cabaleiro (director da Agrupación Industrial de Acuicultura). Na mesa, Noemí Gil fixo un percorrido pola experiencia da Pobra do Caramiñal no camiño da Industria 4.0, a través do proxecto de fábrica intelixente e sustentábel de CONGALSA. A empresa tamén ofreceu aos asistentes catas dos seus principais produtos ao longo de toda a xornada en diferentes showcookings.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.