Comeza a execución da nova vía de conexión da aldea de Fafián, que supón o inicio da variante de Ribeira 

09 Maio 2023

A Xunta comezou este martes as obras da nova vía de conexión da aldea de Fafián, que suporán un investimento total de 860.000 euros, nos que se inclúe o pagamento das expropiacións necesarias para executar estas obras. Esta actuación forma parte da Variante de Ribeira, que comeza así a materializarse. 

Os traballos, que foron adxudicados á empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L., consisten na execución da nova conexión entre a estrada provincial DP-7305, que conecta Ribeira con Aguiño a través de Carreira, e a aldea de Fafián. 

As obras que veñen de iniciarse constitúen o primeiro paso do desenvolvemento da Variante de Ribeira. Contan cun prazo de execución de 12 meses, polo que se prevé o seu remate na primavera do 2024. 

Máis concretamente, estanse a iniciar os traballos de execución dos 220 metros de lonxitude que terá a nova vía, que comeza na conexión coa estrada da deputación mediante a execución dunha glorieta de 34 metros de diámetro e finalizando en Fafián, cunha intersección en “T”.  

Esta vía de novo trazado disporá de 2 carrís de 3,5 metros de ancho e beirarrúas de 2,10 metros. As beirarrúas na marxe da estrada garantirán un itinerario peonil continuo e seguro para o tránsito dos veciños.  

Como intervencións complementarias, procederase á reposición do firme dos viarios urbanos afectados; e á reposición dos camiños de servizo, executando dous pequenos treitos para garantir o acceso ás leiras. 

Ese pequeno tramo de 220 metros de nova vía permitirá captar un tráfico estimado de case 4.300 vehículos, o 3,4% de vehículos pesados.A actuación correspóndese coa parte inicial do 3º treito da Variante de Ribeira, cuxo proxecto de trazado completo está aprobado, e a resolución da aprobación do expediente de información pública, do proxecto de trazado e do estudo de impacto ambiental foi publicado o pasado mes de outubro. A Variante de Ribeira suporá un investimento autonómico conxunto de 10,3 M€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.