Chamada do Consello Local de Pesca de Ribeira a concentrarse este martes fronte á lonxa en defensa dos postos de traballo do sector

05 Maio 2023

O Consello Local de Pesca reuniuse esta mañá no consistorio ribeirense a instancias das confrarías e o sector do arrastre, preocupados polo risco de perda de postos de traballo por mor da política europea de restricións na pesca de fondo.

O Consello decidiu respaldar as iniciativas do Sindicato Europeo de Pesca (I.T.F.), de resultas do cal convócanse en Ribeira unha serie de actos na defensa dos postos de traballo do sector pesqueiro que
terán lugar na tarde do próximo martes 9 de maio.

Así, ás 19.30 haberá unha charla informativa no salón de actos da rula, en tanto que ás 20 horas terá lugar unha concentración no porto diante desta instalación na que se quere convidar a que se sume a maior xente posible.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.