Carmen Silva e Roberto Lojo, entre os dez primeiros postos da candidatura de Martiño en Boiro

11 Maio 2023

O actual alcalde boirense, José Ramón Romero, Martiño, concorre nestas eleccións municipais de maio de 2023 cunha candidatura que, segundo apunta, “combina a experiencia de aquelas persoas que estiveron no goberno dos últimos catro anos con novas incorporacións”. Roberto Lojo e Carmen Silva formarán parte, nos postos sete e oito, dos dez primeiros membros da candidatura.

Carmen Silva é natural de Abanqueiro e mestra de secundaria, polo que vén a aportar ao equipo de traballo a súa experiencia no eido do ensino e o traballo con rapaces e rapazas. “Carmen é unha persoa moi curiosa e enérxica, sempre pendente das demandas dos seus veciños e que fará unha gran aportación ao goberno local”, afirmou o rexedor.

Pola súa banda, Roberto Lojo traballa no sector sociosanitario dende fai máis de 25 anos e tamén está vinculado con entidades educativas e deportivas do municipio. “Roberto xa formou parte do noso equipo en 2019 e sempre está pendente de transmitir as demandas da veciñanza, polo que vai reforzar moito o actual equipo de traballo”, recoñeceu o candidato, engadindo que nestas eleccións “reforzamos os dez primeiros postos da candidatura mesturando a experiencia de aqueles que levan xa catro anos comigo no goberno con outras persoas que, nas súas áreas, está moi relacionadas coa sociedade boirense e coas necesidades do municipio para aportar novas ideas”, dixo Martiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.