Boiro recibe unha subvención para recuperar os xardíns de Goiáns, mellorar camiños na Cachada e transformar informacións turísticas

09 Maio 2023

O Concello de Boiro recibiu da Axencia Galega de Turismo unha subvención para actuacións de embelecemento do litoral convocadas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE.

A subvención recibida consta de tres liñas distintas. A primeira delas de transición verde ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio de espazos singulares da costa, dun importe de 80.000 euros, para a recuperación dos xardíns do Pazo de Goiáns.

A segunda das liñas concorridas é a de transición dixital dos recursos con potencial turístico no litoral. O proxecto presentado para esta liña é o desenvolvemento de códigos QR en recursos turísticos, para o que se recibe un importe de 6.534 euros.

A terceira das liñas desta subvención está enmarcada na transición accesíbel e inclusiva para un turismo máis competitivo. A proposta presentada e que se dota de financiamento mediante a achega de 50.000 euros é a da mellora de camiños existentes no parque da Cachada para favorecer a accesibilidade ao recurso turístico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.