Boiro recibe ao alumnado de Sevilla que participa na formación de mercadotecnia dixital de Paideia

11 Maio 2023

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, recibiu na mañá deste xoves 11 de maio ao alumnado de intercambio de Sevilla no marco da acción formativa de Marketing Dixital e Cooperativismo que desenvolven a Escola de Organización Industrial (EOI) e a Fundación Paideia e coa que colabora o Concello de Boiro.

O programa formativo, que se desenvolve de maneira presencial nos municipios de Boiro, Noia, Outes e Lousame, está dirixido a menores de 30 anos en situación de desemprego. Os alumnos participantes nas distintas edicións desta formación en todo o territorio realizan mobilidades e esta semana está na comarca o alumnado do programa formativo de Sevilla para coñecer diferentes iniciativas de éxito en todo o territorio.

O alcalde, José Ramón Romero, animou ao alumnado xa que “a formación para o emprego é algo fundamental que vos vai axudar a mellorar as vosas competencias no eido laboral e vos vai abrir oportunidades de cara ao futuro nun eido tan puxante e demandado como é o do marketing dixital”.

O programa é gratuíto e desenvolvese entre os meses de febreiro e xuño, ademais das saídas a outras cidades de España para coñecer casos de éxito no sector da nova mercadotecnia (marketing) e o cooperativismo, conta con 200 horas de formación presencial. A formación está a ser impartida por recoñecidos profesionais das ditas materias referentes a nivel galego e nacional.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.