
A Asemblea Cidadá, Boiro Novo, con Dores Torrado como candidata á alcaldía, decidiu non usar megafonía nestas eleccións por respecto á cidadanía. Esta decisión é froito dunha clara aposta polo medio ambiente e as necesidades dos habitantes do concello. A supresión do uso da megafonía é unha demanda que se repite todos os anos durante o período electoral por parte de colectivos concretos. Trátase de persoas traballadoras en quendas nocturnas, xente que está pasando enfermidades no seu fogar e aquela con hipersensibilidade ao ruído. Boiro Novo segue así as recomendacións da Federación Autismo Galicia, evitando contaminación acústica innecesaria. O programa de Boiro Novo chegará á casa do electorado en formato impreso, pero tamén se pode descargar en versión escrita ou sonora na súas redes socias e carteis.



