Boiro achega narracións e obradoiros para formar á rapazada en ciencia, cultura e igualdade

29 Maio 2023

Este venres 2 de xuño comezan en Boiro as actividades do ciclo Aventuras e letras, actividade divulgativa, científica, investigadora, cultural e igualitaria para a rapazada local de tres anos en adiante. En concerto, arrincarán no Centro Social de Escarabote (Biblioteca) a partir das das 17.30 horas, co obradoiro Indagando no fondo mariño.

O ciclo Aventuras e letras, que inclúe narracións orais e actividades lúdicas e investigadoras para as crianzas, prosegue ao día seguinte na Biblioteca da Casa da Cultura da Cachada, na vila de Boiro, cun contacontos para nenas e nenos de 5 a 7 anos.

O venres 9 proseguirán as narracións orais en Escarabote (tamén pola tarde na Biblioteca) e o sábado 10 celebrarase en A Cachada unha actividade para tirar abaixo prexuízos e estereotipos de xénero: Ponte na miña roupa, xogo de roles en igualdade. En Cabo de Cruz celebrarase na Biblioteca a xincana Desafíos salvaxes, o 15 de xuño tamén pola tarde. Organiza o Concello de Boiro. As inscricións cómpre facelas na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...