As “Letras Galegas” e “Especial Eleccións Municipais” contidos dunha nova edición de “O Barbanza “mensual que chega o número 47

17 Maio 2023

Como cada mes chega un novo número, o 47, de “O Barbanza” na súa edición impresa. A publicación, de balde, xa está en distribución en toda a comarca e trae unha ampla axenda das actividades das Letras Galegas e un Especial “Eleccións Municipais 2023”.

Nesta edición destacamos as actividades que se están a facer neste maio no que coma sempre a cultura, a historia e a actualidade comarcal completan este número de “O Barbanza” que ademáis de en papel, pode ser leído e descargado gratuitamente tanto en pc, como en tablet ou en móbiles.

Ase mesmo recollemos un especial “Eleccións Municipais 2023” no que aparecen as propostas de todalas candidaturas dos concellos da comarca.

Como é habitual a nosa edición, cunha tirada de 7.000 exemplares, está xa en distribución en todos los concellos da comarca e pódense conseguir de balde en numerosos puntos ou ben descargalos en pdf desde o enlace: O Barbanza ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Invitarvos a seguirnos a diario en “www.obarbanza.gal“, onde xa mais de 2.150 usuarios únicos/día seguen a actualidade da comarca as 24 horas.

Coma sempre as nosas redes sociais acollen xa varios milleiros de seguidores e podedes darvos de alta a través de facebook e twitter.

Grazas polo voso apoio e xa sabedes que si queredes mandarnos novas, artigos ou propostas podedes facelo o noso whatsapp 608 240 160 ou o noso email: “redaccion@obarbanza.gal”

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Este sábado celébrase a Festa de San Benito de Bergondo (Noia)

Este sábado 11 de xullo, a parroquia de Bergondo (Noia) vai celebrar a súa tradicional Festa de San Benito cunha programación pensada para todas as idades: sesión vermú, gastronomía, inchábeis con auga, festa da escuma e moita música ata ben entrada a noite. A festa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.