As alumnas do Programa Integrado de Emprego de Boiro reciben formación en fundamentos de cociña

02 Maio 2023


As alumnas participantes no Programa Integrado de Emprego 2022/2023 do Concello de Boiro remataron a formación en Aplicación de Fundamentos Básicos de Cociña, de 60 horas de duración. Un total de 15 alumnas recibiron este adestramento dentro do módulo do sector da hostalaría.
O obxectivo deste curso foi adquirir competencias e coñecementos para desenvolverse no sector hostaleiro e aplicar fundamentos sobre os produtos alimenticios e técnicas culinarias. As alumnas participantes de carnes, peixes, mariscos, salsas e repostería.

A formación impártese ao abeiro do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2022/2023, que está dirixido exclusivamente a mulleres e nesta edición conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal. O Programa está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Os Bombeiros de Boiro sufocan un incendio nunha parcela en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron este sábado 14 de setembro, arredor das 6.24 horas, un aviso no que se lles informaba dun lume na rúa Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira. Á súa chegada ao lugar, o persoal da agrupación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión