Este sábado 13 de maio a Agrupación de Alfombristas Florais de Porto do Son acudiu ata Santiago de Compostela a confeccionar (fronte á Capela das Ánimas) a alfombra floral polo cincuenta aniversario da Congregación da Virxe Peregrina da Fátima.

Ao mesmo tempo, a agrupación informou que nestes momentos xa están collendo corpo os preparativos para a realización das alfombras florais de Corpus en Porto do Son, polo que unha vez máis “serán benvidas as persoas voluntarias que desexen colaborar neste nobre labor que dá continuidade á tradición do noso concello”, explican.

As persoas que queiran unirse ao equipo poden poñerse en contacto ca Área de Cultura do Concello de Porto Son no 981 767 758 e comunicalo.




