Arousa Neo vai organizar o vindeiro 11 de xuño unha visita ás illas Cíes, con saída ás 8.30 horas do Porto Deportivo de Ribeira. As inscricións cómpre facelas na web de Arousa Neo ou a través da páxina www.andainas.com. O teléfono de información é 638 811 000. Ao chegar ás illas haberá unha andaina de 8 quilómetros de dificultade baixa. Os custes de inscrición son de 23 euros para persoas de 13 anos en adiante, de 15 para nenas nenos de entre 3 e 12 anos, e gratis para os nenos menores de 3 anos.
Data límite inscrición: ata as 12 da noite do 4 de xuño ou ata esgotar as prazas (do barco ou de acceso ás illas, facilitadas polo Parque Nacional das Illas Atlánticas).
O límite de prazas é de 200.

Información da experiencia
Arousa Neo propón unha nova singradura ás illa de Monteagudo e Faro, “nas que poderemos visitar aqueles enclaves máis destacados destas dúas illas, por exemplo a lagoa dos Nenos, a praia da Nosa Señora, a pedra da Campá, o faro das Cíes, e finalmente, as praias de Rodas e Figueiras”.
A camiñada farase pola mañá, mentres que a tarde quedará libre para que se poda desfrutar doutros roteiro ou das praias das illas.
O catamarán que nos trasladará ata as illas Cíes sairá de Ribeira ás 08:30 h, desembarcando aos pasaxeiros ás 10:15 h. e iniciando o roteiro uns minutos despois. O mesmo catamarán traerán aos participantes de regreso ás 20.00 h. (aprox.) no porto de Ribeira.