Aprobado o PXOM de Rianxo

12 Maio 2023

O pleno extraordinario do xoves de Rianxo aprobou provisionalmente o novo plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Rianxo, un documento que iniciou a súa andaina no ano 2011 e que por fin verá a luz grazas aos dez votos a favor do equipo de goberno (BNG e PSOE), posto que os catro concelleiros do PP, Rianxo en Común e Cidadáns rexeitaron a proposta. O Plan ten que contar co visto e prace definitivo a Xunta.

O alcalde recoñeceu que este documento é o resultado do traballo de anteriores corporacións e o resultado é que por fin se deixarán de usar as normas subsidiarias que rexían desde o ano 1985. Outro dos obxectivos da novo PXOM é que tentou buscar un equilibrio entre os rural e o urbano.

Entre as principais novidades deste plan urbanístico está que abre a posibilidade de construír un total de 3.594 vivendas ao longo dos próximo 15 anos. Delas, 2.137 estarían en chan urbano, e 1.457 en rural.

O alcalde Adolfo Muíños, que peche o seu mandato de xeito defintivo xa que nons e presenta á reelección, considera que coa aprobación deste documento deuse un gran paso «para avanzar de maneira firme» no futuro do municipio rianxeiro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...